Romaní, Quintana e Carpintero falan hoxe no Congreso do Toxos

Romaní, Quintana e Carpintero falan hoxe no Congreso do Toxos
Diario de Ferrol-2014-10-25-024-433f76f6

O Toxos celebra hoxe o seu Congreso de Música Tradicional, o sexto, cunhas charlas nas que falarán tres dos principais instrumentistas do país: Rodrigo Romaní, Pablo Quintana López e Pablo Carpintero. Será na súa sede da rúa Magdalena, a partir das sete da tarde, e con entrada libre para calquera persoa interesada.
As actividades comezarán coa intervención de Rodrigo Romaní, titulada “A arpa na música galega”. Romaní foi membro de Milladoiro desde 1979 ata o ano 2000. Creou o Conservatorio de Música Tradicional da Universidade Popular de Vigo e tamén foi coordinador do Arquivo Sonoro de Galicia. Como solista publicou tres traballos.
Pablo Quintana López tomará o relevo e falará a partir das oito. A súa charla titúlase “Novas sobre a zanfona e os cegos na música popular de Galicia”. Quintana realizou numerosas investigacións sobre o patrimonio material e inmaterial, gravou discos, proxectos audiovisuais e tamén coordinou a serie etnográfica “Colleita”.
Como remate, ás nove, Pablo Carpintero falará sobre “A tipoloxía das gaitas de fol en Galicia”. El é diplomado en Historia da Música e ademais gaiteiro e construtor de gaitas. É consultor da Unesco sobre patrimonio cultural inmaterial, editou publicacións sobre intstrumentos tradicionais, é membro do Arquivo Sonoro de Galicia e tamén ten realizado un amplo traballo de campo sobre a música. n

Romaní, Quintana e Carpintero falan hoxe no Congreso do Toxos

Te puede interesar