“Escóitasme?”, na Fundación Luis Seoane

A Fundación Luis Seoane ofrece a singular mostra “Escóitasme?”, que recolle o proxecto didáctico dirixido por Silvia Longueira e Fermín Blanco, no que participaron 24 creadores de diversos eidos da cultura, xurdído como resposta ao estado de alarma da pandemia en marzo do 2020, o que obligou á Fundación a replantexarse as súas actividades. O polifacético evento iniciouse o Día Internacional da Poesía (21 de marzo), durou 52 días e máis de 100 horas de gravación, nas que os artistas invitados propuxeron novedosas ideas e canalizaron os traballos dos trinta participantes, cuxo eixo motivador foron algúns don numerosos campos artísticos que explorou a señeira figura de Luis Seoane. O deseñador David Carballal propuxo a reinterpretación de portadas de libros. Isabel Risco, pedagoga teatral e actriz, levou a reatopar o clown interior. María Vázquez incitou a crear tipografías co nome María, entre as que están as das famosas galletas. A creadora textil, Rosario Belda conseguíu que os intervintes desen vida a cartografías e camiños de fíos. A filóloga Teresa Gonzaléz ,co tema “A pegada dun conto”, deu orixen a relatos, como “Itinerantes do vento”. Do docente de hostelería, Pablo Caridal, xurdiron bodegóns , entre os que chama a atención o da imaxe da nosa terra a carón dunha enorme lúa que semella un queixo de gruyere. Tendo a obra “Follas” de Seoane como exemplo, a inxeneira forestal, Antonia López, motivou a tinguidura e estampado de teas, con cenouras e outras plantas O pintor J.de la Colina, en base ao retrato de Maxura e un bodegón de Seoane, incitou creacións diversas. paisaxe, autorretrato, etc, A pintora Mónica Alonso invitou a recrear o propio cuarto, levando a raras creacións, como a cama-coche, a nave espacial de Marco Longhin ou a cama pendurada das árbores de Eva lires. Crear mudando a ollada foi a incitación de Maya Weishof. Enorme imaxinación desplegaron os participantes ante a proposta “Naves para a escapada” do fotógrafo C. Gutiérrez: nave caracola, nave telescopio, nave xardín e mesmo a nave vital de Silvia Longueira feita con fotos e obxectos de memoria. Co cadro Mar do Orzán de Seoane, a fotógrafa Iria Martínez motivou a creación de prendas feitas con cunchas, plastilina, etc. Nada menos que unha cúpula xeodésica, feita con pauciños e cortiza, refuxios para paxaros feitos con plumas, entre outros, xurdiron da proposta da arte-terapeuta Bárbara Long. Do artista Vicente Blanco saíron máscaras inspiradas no Bestiario de Seoane. Diversos bonecos xurdiron da idea do ilustrador César Fernández de facer artefactos articulados e de Marcos Moreira artiluxios mecánicos. Motivadas polo famoso cartel CINZANO de Seoane, curiosas variantes sairon da proposta do deseñador Antón Lezcano. A oferta de cámara oscura de Cillas Rodríguez deu nacemento as de Lucas e Simón Lorenzo, dous dos máis activos participantes. “Alerta no Orzán” de J. L. Ducid e vídeos de Edu Fernández, e P. Rega incitan a escorrentar o mal, entre outras maneiras, bailando.

“Escóitasme?”, na Fundación Luis Seoane

Te puede interesar