Acadacanto, referente do actual folk galego, presenta hoxe nas Pontes o seu disco

Acadacanto, referente do actual folk galego, presenta hoxe nas Pontes o seu disco
Copia de Diario de Ferrol-9999-99-99-999-a1fd1dc1

A cedeiresa Guadi Galego, Guillerme Fernández, Xabier Díaz e Xosé Lois Romero uniron os seus traballos artísticos nun disco conxunto titulado “Acadacanto” (Músicas de Salitre), no que conflúen por primeira vez as carreiras destes catro músicos talentosos que están noutras formacións de referencia do folk galego contemporáneo como é o caso de  Berrogüetto, Espido ou Nova Galega de Danza.  
O cuarteto, que non para de colleitar loubanzas da crítica e público desde a súa recente formación, presenta hoxe o disco no auditorio Alovi das Pontes.
Será a partir das 21.00 horas e o prezo da entrada é de 3,50 euros e de 1,75 (prezo reducido, con acreditación: menores de 12 anos, maiores de 65, carné xove e carné de estudante).

tradición e novidade
“Acadacanto” está formado por 13 cancións que unen a tradición popular coa propia creatividade.
Segundo indica o propio grupo: “A procedencia dos textos e músicas é diversa, aínda que ao final conquerimos unha unidade estética e lírica. Hai cancións que foron feitas para outros discos e remataron neste, coma ‘Aurora’ ou ‘Lírica do silencio’; algunhas, coma ‘Dous meses’, son de procedencia tradicional, e outras da lírica culta de autores como Álvarez Blázquez ou Carlos Rivero”. n

Acadacanto, referente do actual folk galego, presenta hoxe nas Pontes o seu disco

Te puede interesar