Esmelle recreará esta tarde o tradicional proceso da malla

Esmelle recreará esta tarde o tradicional proceso da malla

A parroquia de Esmelle celebrará esta tarde unha nova edición da Festa etnográfica da malla, unha cita baseada na recuperación do tradicional proceso para separar o gran do cereal da palla. Logo dos traballos de sega do trigo desenvolvidos polos propios veciños da parroquia hai unhas semanas, hoxe, ataviados coa indumentaria de época, desenvolverán a devandita tarefa. Contarán ademais cunha máquina de mallar do ano1905, que vén de ser restaurada no marco do Proxecto Esmelle.
Trátase, tal e como informan desde a entidade veciñal –organizadores da cita– dun modelo Ellis Keystone Agricultural Works, orixinaria de Pensilvania (Estados Unidos). Foi cedida á AVV “VAlle de Esmelle” por José Benito Sanesteban, un veciño de Cobas. Ata sete persoas tomaron parte nos traballos de recuperación da malladora que hoxe acompañará os traballos a desenvolver no campo da festa deseta dinámica parroquia ferrolá.

merenda
O programa desta tarde incluirá tamén unha merenda para repoñer forzas. Pecharase o programa xa pola noite, a partir das 21.00 horas, co concerto do grupo Alén de Ancos.
A celebración da festa etnográfica da malla é un exemplo máis da firme aposta e implicación dos veciños de Esmelle pola recuperación e posta en valor do seu patrimonio material e inmaterial, tal e como se reflicte tamén no intenso traballo desenvolvido nos últimos anos na rehabilitación dos muíños da zona a través do xa moi recoñecido e galardonado “Proxecto Esmelle”, posto en marcha a finais do ano 2003.

Esmelle recreará esta tarde o tradicional proceso da malla

Te puede interesar