Pentación Espectáculos pon en escena no Pazo de Narón “La comedia de las mentiras”

Pentación Espectáculos pon en escena no Pazo de Narón “La comedia de las mentiras”
Unha escena da obra

O teatro volta hoxe ao Pazo da Cultura de Narón cun gran elenco de actores. Pepón Nieto, María Barranco, Paco Tous, Canco Rodríguez, Angy Fernández, Raúl Jiménez e Marta Guerras subirán ao escenario para representar “La comedia de las mentiras”, unha peza dirixida por Antón Gómez.
Nas dúas horas de representación da obra, ambientada en Atenas e protagonizada por dous irmáns, Hipólita e Leónidas, abordaranse temas como o amor, a avaricia e a mentira.
A representación terá lugar ás 20.00 horas e as entradas poden ser adquiridas na billeteira do Pazo e na web do Padroado de Cultura (www.padroadodecultura.es) a un prezo de 20 euros para o público en xeral e de 14 para abonados, desempregados, persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos).

Pentación Espectáculos pon en escena no Pazo de Narón “La comedia de las mentiras”

Te puede interesar