O mellor espectáculos dos María Casares chega ao Pazo da Cultura

O mellor espectáculos dos María Casares chega ao Pazo da Cultura

Il Maquinario Teatro presenta hoxe á tarde no Pazo da Cultura de Narón a obra coa que gañou cinco premios María Casares, entre eles o de mellor espectáculo e o de mellor dirección (Tito Asorey). “Perplexo” comeza cunha parella que regresa a casa logo das vacacións e se atopan con que os amigos a cargo dos que deixaron a vivenda se teñen apropiado dela. Será o punto de partida de varios escenarios, personaxes e situacións que se converten, como explican desde a compañía, “nunha metáfora da nosa realidade actual, onde todos temos que impoñernos determinadas máscaras sociais para facer fronte ás novas situacións que a vida nos presenta”.
O texto de Marius Von Mayenburg pregúntase que queda de nós neste xogo de personalidades múltiples. Os actores Melania Cruz, Fernando González, Fran Lareu e Laura Míguen encarnan a distintas personaxes nun espazo que representa sucesivamente unha vivenda de clase media, un aparatmento vacacional nunha estación de esquí, o último reduto dunha parella despois dunha forte crise mundia e un teatro en proceso de desmantelamento.
A función comeza ás oito da tarde e as entradas custan 9,50 euros, con distintos descontos.

O mellor espectáculos dos María Casares chega ao Pazo da Cultura

Te puede interesar