Os estudantes das dúas politécnicas poderán facer prácticas na Exponav

Os estudantes das dúas politécnicas poderán facer prácticas na Exponav
xosé luis armesto e manuel garat asinaron onte o convenio d.a.

Desde hai catro cursos, e en virtude do convenio de colaboración asinado no seu momento entre a Universidade da Coruña e a Fundación para o Fomento do Coñecemento da Construción Naval e das Actividades Marítimas, alumnos de Biblioteconomía e Documentación da Facultade de Humanidades do campus de Ferrol desenvolven as súas prácticas académicas na Exposición Nacional da Construción Naval (Exponav), ubicada no edificio de Herrerías.

Agora, tamén os estudantes das dúas escolas politécnicas do campus local, a de Esteiro e Serantes, poderán elixir o devandito museo como lugar para a realización das prácticas externas curriculares. O reitor da UDC, Xosé Luis Armesto, e o presidente da devandita Fundación, Manuel Garat, asinaron onte un convenio a través do cal dous alumnos da EPS ou da EUP por curso académico poderán complementar as tarefas de rexistro e catalogación na área de documentación da exposición.

A súa función será, según explicou o director da Exponav, José Castro Luaces, a de achegar os seus coñecementos técnicos para complementar o labor de catalogación que fan os alumnos de Biblioteconomía e, deste xeito, ordenar do mellor xeito adecuado a biblioteca e arquivo do que dispón o museo ferrolán.

“Una biblioteca tecnológica como la que tenemos aquí requiere un conocimiento tecnológico, por lo que estos alumnos servirán como auxilio a los de Biblioteconomía para preparar la biblioteca adecuadamente”, explicó Castro Luaces. O director tamén salientou que os estudantes das enxeñarías poderán ser asesorados e axudados polos propios colaboradores da Exponav, xa que “hemos trabajado toda la vida con tecnología y les podremos ayudar en las dudas que tengan”, añadió.

 

colaboración

O reitor da UDC, Xosé Luis Armesto, salientou a importancia da implicación das institucións e entidades na formación, neste caso extracurricular, dos estudantes “porque complementan a formación académica que reciben nas aulas, e para nós é un motivo de satisfacción que os alumnos das politécnicas se poidan incorporar a esta actividade en Exponav e contribuír a que a biblioteca da institución estea cada vez mellor”.

Desde o ano 2008, no que se asinou o acordo para as prácticas de alumnos de Biblioteconomía, máis dunha ducia de alumnos deste centro desenvolveron as súas prácticas na exposición naval ferrolá.

 

Os estudantes das dúas politécnicas poderán facer prácticas na Exponav

Te puede interesar