Ghazafelhos estrea hoxe en Narón o seu novo espectáculo

Logo do concerto onte pola noite do grupo Caxade, a Praza da Lectura de Santa Icía, en Narón, será hoxe escenario, durante todo o día, das variadas propostas deseñadas polo Concello baixo o lema “N de Narón, a Festas das Letras” para celebrar o Día das Letras Galegas e dirixidas neste caso ao público infantil e familiar.

A primeira delas, prevista para as 11.30 horas, correrá a cargo do grupo Ghazafelhos, que aproveitará a cita para estrear a súa nova producción teatral “O vendedor de fume”, con Pepablo Patinho, Montse Piñón e Jorge Casas. Ás 12.30 horas será a quenda para unha sesión de dj infantil con Picadiscos María Faltri.

A festa continuará pola tarde, a partir das 18.00 horas, co espectáculo “Brinca Vai!” de Paco Nogueiras, ao que ás 19.00 horas seguirá a proposta músico-teatral “Fantasía coas palabras”.

Todas estas actividades desenvolveranse baixo unha gran carpa localizada na Praza da Lectura –situada nas vivendas de Santa Mariña, en Santa Icía–, onde tamén haberá un espazo dedicado á lectura con obras de Carlos Casares e doutros homenaxeados nas Letras –estará aberto de 11.30 a 14.00 horas e de 17.00 a 20.00 horas–.

Ghazafelhos estrea hoxe en Narón o seu novo espectáculo

Te puede interesar