Ana Basoa Rioboo inaugura en Fene “Poñendo luz á noite”

Ana Basoa Rioboo inaugura en Fene “Poñendo luz á noite”
Avós e netos compartiron o obradoiro de fotografía co móbil

A sala de exposicións temporais da Casa da Cultura-Museo do Humor de Fene acolle o venres a inauguración da mostra “Poñendo luz á noite”, da artista fenesa Ana Basoa Rioboo. Trátase dunha selección de retratos, bodegóns, flores e froitas, entre outros elementos.

O mesmo día da inauguración, a pintora estará na sala entre as 12.00 e 14.00 horas para amosar a exposición a todas as persoas que queiran visitala. Regresará ademais o día 29, desta volta ás 20.00 horas, e con motivo da clausura para facer balance da exposición nun acto que contará coa actuación de Humberto Basoa –guitarra e voz–.

Apaixoada do realismo, co que máis goza a artista é co retrato: “Cada retrato é como un reto porque tes que conseguir definir a unha persoa a través da súa ollada. Cando fas un rostro non están xogando só cos volumes. Coa ollada tes que transmitir todo o que é esa persoa. Neste senso, para min, a maior satisfación que teño cando presento un novo cadro é que me digan que a persoa retratada fala coa mirada”. l

Ana Basoa Rioboo inaugura en Fene “Poñendo luz á noite”

Te puede interesar