Rober Bodegas presenta “O umbral da estupidez” en Narón

Rober Bodegas presenta “O umbral da estupidez” en Narón
imaxe de arquivo de rober bodegas no pazo da cultura l.p.

O cómico Rober Bodegas regresa ó Pazo da Cultura de Narón esta tarde para presentar o seu novo espectáculo, “O umbral da estupidez”, co que está a xirar por toda Galicia. A función comezará ás 20.30 horas e as entradas custan dez e doce euros, segundo a súa localización no auditorio.
A proposta de Bodegas parte dunha frase escoitada a miúdo “Estamos volvéndonos imbéciles?”. A vida diaria ofrécelle a este agudo observador e guionista material dabondo para sacar conclusións, ante abusos (nos prezos, no trato que recibimos, en rutinas asumidas) que se volven cómicos cando, nun escenario, se nos presentan con tódalas súas doses de surrealismo.

Rober Bodegas presenta “O umbral da estupidez” en Narón

Te puede interesar