O Encontro “Espírito de Mariñán” reúne a destacados nomes da plástica provincial

Máis de trinta integrantes da Asociación de Artistas Plásticos Galegos (ARGA) participan dende onte e ata o domingo na VI edición do Encontro coas Artes “Espírito de Mariñán”, que reúne no pazo de Bergondo a algúns dos máis destacados creadores plásticos da provincia. Entre a representación de Ferrolterra destacan nomes como o do escultor Manuel Patinha ou dos pintores Javier Garaizábal e Lorenzo Vergara, entre outros.
Durante as xornadas de traballo, os artistas realizarán diversas obras tanto pictóricas como escultóricas, e doarán algunhas delas co fin de que pasen a formar parte do patrimonio da Deputación da Coruña.

portas abertas
Segundo o programa do encontro, e tal e como se fixo en anos anteriores, as xornadas de hoxe e de mañá serán de portas abertas para o público xeral. O horario é de 10.00 a 13.00 horas os dous días, e tamén entre as 17.00 e 19.00 horas da tarde de hoxe.
Os membros de ARGA coincidiron en salientar o “grande ambiente de traballo” que se dá nos encontros de Mariñán e afirmaron que “resultan tremendamente enriquecedoras estas xornadas porque nos permiten, ademais do traballo pictórico en si, un contacto humano entre nós que doutro xeito resultaríanos moi difícil”. O vicepresidente da entidade, Javier Garaizábal, agradeceu por tanto o apoio da Deputación ao “manter vivos estes encontros”. n

O Encontro “Espírito de Mariñán” reúne a destacados nomes da plástica provincial

Te puede interesar