Ses asinará esta tarde no Ateneo Ferrolán exemplares de “Readmirando a condición”

Ses, durante un concerto no Pazo da Cultura de Narón | daniel alexandre
|

Logo da súa participación o pasado sábado no cartel musical do Festival Treme a Terra organizado en Pontedeume polo Colectivo Terra, a cantante Xosé María Silvar “Ses” estará esta tarde no Ateneo Ferrolán, a partir das 19.30 horas, para asinar exemplares do seu novo traballo, “Readmirando a condición”.
Neste seu quinto traballo, a coruñesa volve grabar, musicar e arranxar o seu primeiro disco, que publicara en 2011. O novo cedé inclúe un total de doce temas, dos que once corresponden ao seu primeiro álbum, con títulos como “Tempestades de sal” ou “Non son fada”, aos que se suma un tema inédito.
 

Artábria
Ses estará tamén en Ferrol o vindeiro 22 de decembro, neste caso no local da Fundaçom Artábria de Ferrol, onde impartirá unha clase maxistral de pandeireta. Comezará ás 17.00 horas e durará ata aproximadamente ata as 21.00 horas.
A actividade, con prazas limitadas, está desañada para persoas de calquera idade cun nivel medio-avanzado do devandito instrumento. O custo é de 30 euros (25 para os socios). Pódese recibir máis información na propia sede da Fundaçom Artábria.

Ses asinará esta tarde no Ateneo Ferrolán exemplares de “Readmirando a condición”