O pósito de Barallobre leva perdidos máis de 14.000 euros pola mortandade

|

A confraría de Barallobre leva perdidos no que vai de ano máis de 14.000 euros pola mortandade da ameixa que se reinstala nas bateas de depuración de Punta San Carlos. Dos perto de dez meses de 2014, só en seis estivo funcionando este sistema, suspendido desde mediados de xuño até comezos de se-tembro polo descanso estival, e durante o mes pasado e as dúas primeiras semanas deste por un episodio tóxico.
A peor semana foi a pasada, cando o pósito fenés se viu na obriga de tirar ao lixo máis de 200 quilos, o que, posto á venda, tería xerado uns ingresos de perto de 1.900 euros.
A Consellería do Medio Rural e do Mar asegurara na presentación da reinstalación, no verán de 2011, que esta tería un custe “cero” para os mariscadores. A realidade é ben distinta, posto que Mar non cobre a mortandade de ameixa cuando esta non chega ao 10%. Segundo as asistencias técnicas dos pósitos, a media nos dous últimos anos situouse entre o 6% e o 8%, polo que as perdas son asumidas integramente polas confrarías. Ferrol, sen ir máis lonxe, deixou de ingresar uns 30.000 euros. n redacción

O pósito de Barallobre leva perdidos máis de 14.000 euros pola mortandade