Primeira proxección do ciclo “A música no cinema”

|

O centro cultural Concepción Arenal, situado na rúa Magdalena 202-204, acollerá esta tarde a primeira das sesións que forman parte do I Ciclo “A música no cinema” organizado de forma conxunta pola Sociedade Filarmónica Ferrolana e a Área de Cultura do campus ferrolán.
Nesta primeira xornada, prevista para as sete da tarde, proxectarase a obra  “Crónica de Anna Magdalena Bach”. A entrada é libre e gratuíta.

Primeira proxección do ciclo “A música no cinema”