Mercedes Peón | “O 80% dos sons electrónicos deste novo disco proceden do estaleiro de Navantia”

Mercedes Peón | “O 80% dos sons electrónicos deste novo disco proceden do estaleiro de Navantia”
Mercedes Peón acompáñase no proxecto de Ana Fernández e Mónica de Nut

Da súa necesidade de relacionarse coas persoas e cos movementos sociais para entender o momento que estaba a vivir no seu entorno logo de moito tempo de xiras polo mundo adiante xurdiu un proxecto arriscado e complexo que racha clichés estéticos e musicais e co que Mercedes Peón dá un paso máis na súa intensa e recoñecida traxectoria.
A cantora e compositora galega decidiu converter a industria en espazo sonoro para inspirarse e interactuar con ela. O seu destino: o estaleiro ferrolán de Navantia, onde gravou durante dous días. “É certo que cando cheguei alí xa quedei totalmente impactada, tanto polo xeito artesanal como pola dificultade do traballo desde o punto de vista da enxeñaría”. E alí deixou voar a súa imaxinación para experimentar sensacións paralelas que lle permitían ver composicións melódicas onde a rebarbadora estaba a cumplir coa súa función ou harmonizadas co son dun ventilador. “Funme deixando ir por todas esas sensacións que acabaron neste disco”, di. .
O propio concepto e “Deixaas”, o seu primeiro traballo nos últimos oito anos e que saíu á rúa o pasado 27 de abril, é unha metáfora que xira arredor do portaavións no que hai xa cinco anos gravou sons e imaxes. “O 80% dos sonidos electrónicos veñen de Navantia, dun tratamento certamente artesanal pero de bastante complexidade”.
Dada a importancia que a cidade naval ten neste disco, non podía ser máis que Ferrol o lugar elixido para a súa estrea en directo. Será o 13 de maio, no Auditorio de Ferrol, nun espectáculo que contará coa participación da coral ferrolá Concerto Tempo e das Cantareiras Xirifeiras da Asociación Airiños de Fene.
Todo isto integrado nun concerto único no que se estreará tamén un audiovisual de danza contemporánea gravado nos estaleiros da cidade e que percorrerá todo o mundo. “Queriamos facer unha presentación potente desde o punto de vista creativo que tivera toda a coherencia que se merecen estes cinco anos de traballo baseados en algo tan complexo como é sacar electrónica dunha industria”, salientou.
Peón visitou onte o Concello de Ferrol para presentar a cita do vindeiro día 13 xunto ao concelleiro de Cultura, Suso Basterrecha, que salientou con especial emoción a traxectoria “dunha das nosas artistas con maior proxección internacional e que lonxe de acomodarse sempre seguiu a investigar e atopar novos espazos sonoros e interacturando con outros espazos de creación”, dixo. l

Mercedes Peón | “O 80% dos sons electrónicos deste novo disco proceden do estaleiro de Navantia”

Te puede interesar