Sondeseu leva mañá a música popular galega ao Pazo da Cultura

Sondeseu leva mañá a música popular galega ao Pazo da Cultura
Imaxe dalgúns dos integrantes da orquestra nunha actuación

A música folk contemporánea tomará mañá o Pazo da Cultura de Narón da man da orquestra Sondeseu. A actuación, prevista para as 20.00 horas, permitirá ao público disfrutar dos seus temas procedentes da tradición oral da música popular de Galicia, arranxados especialmente para a formación polos seus compoñentes e responsables das distintas seccións (gaitas, percusión, zanfonas, violíns, requintas, frautas de madeira, canto, arpas e corda pulsada).
Á cita de Narón chegarán co seu novo traballo, o cuarto, debaixo do brazo: “Danzas Brancas”, co que a formación continúa polo camiño da innovación e proxección da música tradicional oral desde a perspectiva  da creación colectiva.
O seus concertos convértense ademais nunha auténtica celebración da recuperación do patrimonio oral e a súa integración na modernidade urbana, na que o público toma ademais parte activa. As entradas para o espectáculo, dirixido a todos os públicos e de unha hora e media de duración, poden adquirirse no propio Pazo a un prezo de 9,50 euros para o público en xeral e de 6,65 para os abonados.

Sondeseu leva mañá a música popular galega ao Pazo da Cultura

Te puede interesar