Mugardos abre hoxe o prazo de inscrición para participar no Concurso de Pintura Rápida

Mugardos abre hoxe o prazo de inscrición para participar no Concurso de Pintura Rápida
Os participantes terán que plasmar algún aspecto da vila | daniel alexandre

“Promocionar o patrimonio local e estimular a creación artística”. Estes son, según a concelleira de Cultura, Lola González, os dous principais obxectivos cos que o Concello de Mugardos organiza a primeira edición do Concurso de Pintura Rápida da vila que terá lugar o vindeiro 19 de xullo baixo o lema “Mugardos con todos os sentidos”.
Ao finalizar o certame, haberá unha exposición na que os autores e autoras poderán poñer á venda tanto as obras realizadas no decurso desta xornada como outras dúas a maiores.
Haberá premios en metálico e tamén en material. Na categoría para maiores de 18 anos, o gañador recibirá 1.000 euros, mentres que na de menores –de 6 a 18 anos–, o primeiro clasificado recibirá un maletín de pintura valorado nun máximo de 500 euros. En ámbolos dous grupos, o xurado poderá votar tamén dous accésits. Así mesmo, haberá unha mención especial –sen dotación económica– para creadores e creadoras locais en cada unha das categorías.
A inscrición será de balde e permanecerá aberta desde hoxe e ata o día 18. Poderase formalizar de luns a venres, en horario de 9.00 a 14.00 horas. Os interesados terán que descargar e cumprimentar o boletín de inscrición que atoparán na web do Concello –www.concellode mugardos.gal– e entregala persoalmente na OMIX. Tamén podeán apuntarse o mesmo día do certame, de 9.00 a 11.00 horas, na oficina.
Programa
O certame desenvolverase, tal e como se informa desde o Concello, de 9.00 a 18.00 horas. Nas dúas primeiras horas os participantes terán que pasar pola OMIX para selar o seu soporte, só un por concursante, e na última hora terán que entregalo no punto de control, que estará montado nunha carpa no parque da Constitución.
Cada artista debería ir provisto do seu cabalete e os materiais necesarios para a realización da obra, para a que a técnica e o estilo será totalmente libre. O único requisito é que terán que plasmar na obra algún aspecto da paisaxe, as xentes, os costumes ou a vida en Mugardos.
As obras realizadas quedarán expostas na carpa do parque da Constitución, nos seus caballates, a partir das 18.00 horas e o xurado dará a coñecer o seu fallo ás 19.00 horas.
A pintura gañadora, que pasará a ser propiedade do Concello, xunto con todas as demais premiadas, entrará a formar parte dunha exposición que permanecerá no Local Social de Maiores de Mugardos no mes de xullo.
As que non reciban ningún premio, poderán ser postas á venda o mesmo día 19, despois da lectura do fallo, xunto cun máximo doutras dúas obras de cada participante. l

Mugardos abre hoxe o prazo de inscrición para participar no Concurso de Pintura Rápida

Te puede interesar