“O único que estamos a facer é manter a legalidade da actividade marisqueira”

“O único que estamos a facer é manter a legalidade da actividade marisqueira”
24 mayo 2010 página 2 / 17 agosto 2010 página 3 / 25 agosto 2010 página 5 Santiago de Compostela.- A conselleira do Mar, Rosa Quintana, acompañada do subdirector do Servizo de Gardacostas de Galicia, Lino Sexto, presentar&aacut

A resposta desproporcionada dos axentes da Policía Autonómica nos operativos contra o furtivismo é un dos motivos, aínda que non o único e se cadra tampouco o máis importante, que levan aos mariscadores sen pérmex a saír á rúa para pedir axuda e traballo. O subdirector xeral de Gardacostas, Lino Sexto, resposta dicindo que “non se pode converter nos malos aos que defenden a legalidade”.

Os mariscadores sen pérmex denuncian brutalidade na reposta policial...
Eu teño estado en moitos operativos en Ferrol. Se a xente se comporta con naturalidade, é dicir, se cando te enganchan facendo unha actividade ilícita, o recoñeces e non te reviras nin intentas agredir aos axentes de Gardacostas nin aos da Policía, non pasa nada. Se nalgún momento houbo enfrontamento foi a consecuencia da reacción violenta que tivo esta xente porque se ven en maioría; nalgún caso teñen coincidido, por exemplo na zona da Barca –Mugardos– , 60, 70 ou 80 persoas e vense fortes porque diante teñen quince policías e cinco ou seis gardacostas. Antes non se producían estes brotes de violencia por parte deles, pero cando os hai, loxicamente a policía ten que responder para salvagardar a súa integridade e a dos gardacostas que os acompañan. Asegúroche que de desproporcionada, nada; si o é ás veces a súa actitude, e máis dunha vez agrediron á xente nosa e aos policías, tirándolles pedras, ameazándoos cos raños e todas as ferramentas que teñen. Aí non lles podo dar a razón. En canto ao decomiso dos neoprenos, é algo que está perfectamente regulado por lei. Todos os medios empregados na actividade ilícita poden ser requisados e eles, se pagan a sanción ou depositan a fianza unha vez que se inicia o procedemento, poden recuperar os traxes, os sachos, etc. Todo iso queda gardado en espera de que nalgún momento paguen a sanción.

Falan tamén de que se lles incautan os neoprenos e déixaselles cun simple traxe de augas, case espidos, para voltar ás súas casas...
Hai de todo, pero os do asentamento chabolista que hai ao lado non andan quilómetros,  e outros teñen a roupa no coche. Isto mesmo faise en toda Galicia; incáutase o neopreno como un elemento máis da actividade furtiva. Dáselles un traxe plástico e case todos teñen as mudas metidas nos seus coches; o que pasa é que se pretende dar un pouco de espectáculo. Aquí invírtese a realidade  e os malos somos nós, cando o único que estamos facendo é tratando de manter a legalidade dunha actividade, tratando de protexer un recurso e de protexer a saúde das persoas que consomen estes produtos. Nós non somos os malos da película.

É certo que hai unha orde clara para intensificar os operativos contra o furtivismo polas denuncias das confrarías?
Non é nada novo que a ría de Ferrol é unha zona moi problemática. Desde o verán intensificouse moito a actividade furtiva e houbo que darlle unha resposta. No que levamos de ano houbo máis de cincocentas actuacións, das cales 27 foron operativos grandes con Policía Autonómica. Cando imos nós sós podemos facer o que podemos facer; cando hai unha aglomeración de 60 persoas mandas dous ou tres axentes e non son quen de comisar nada nin de sacalos da auga... Cando vas con forza pública, a cousa cambia. Si é verdade que en Ferrol houbo un repunte considerable desde o verán.
Eles reclaman pérmex en amplas zonas nas que só hai un carné, que se poden dar arredor de 80 e que hai recurso suficiente para iso. A confraría vén pedindo nos últimos anos máis carnés a pé. Para a Consellería é factíbel?
O primeiro é comprobar o estado  de recurso da zona e para iso loxicamente non nos vale co que digan eles. Hai que mandar os biólogos para que fagan uns informes técnicos e se poida comprobar a viabilidade da incorporación de máis persoas a esa zona de explotación. Eu sei que a confraría de Ferrol ten pedidos para o plan de explotación de 2015 dez novos permisos a pé e quince para poliquetos. Iso haberá que estudalo e se os técnicos consideran que é factíbel, abrirase un prazo no que á xente que queira ter acceso aos pérmex se lles aplicará un baremo e adxudicaranse atentendo a estes criterios. Se hai recurso, a idea é dar o maior número posible de carnés, mais iso depende do estado do recurso. Tamén é certo que para poder ser beneficiario dun pérmex, entre outras cousas, non sen poden ter débedas coa Comunidade Autónoma, e eu non sei exactamente como terán ese tema moitos dos que están a protestar nestes momentos.

“O único que estamos a facer é manter a legalidade da actividade marisqueira”

Te puede interesar