Uns 1.100 participantes toman parte hoxe na andaina solidaria de Neda

Uns 1.100 participantes toman parte hoxe na andaina solidaria de Neda
Neda mesas nuevas inmediaciones albergue peregrinos

Ao redor de 1.100 persoas tomarán parte hoxe na III Andaina Solidaria organizada polo Concello de Neda en apoio á loita contra o cancro. Trátase dunha participación moi similar á do ano pasado, cuxa recadación aproximouse aos 5.000 euros, tal e como apuntan desde o Concello.
Desde a organización destácase o compromiso que o pobo de Neda segue a ter ante este tipo de iniciativas e logo de que se anotaran na mesma máis de 1.000 veciños da contorna.
A andaina deste ano terá como punto de partida o entorno do albergue de peregrinos. Así as cousas, a saída está prevista para as once da mañá e o reparto de dorsais dará comezo media hora antes, a partir das 10.30. Estas camisetas tamén se puideron recoller no espazo comercial Zanshin Sport, que colabora coa causa.
Os participantes cubrirán unha distancia duns catro quilómetros que, traducida a tempo, será dunha hora aproximadamente. O percorrido previsto discorrerá polo paseo marítimo, cruzará polo Coto, a Ponte Grande e o adro da igrexa de Santa María. Desde este último emprazamento iniciarase a viaxe de regreso ata o punto de partida.
Todo o diñeiro recadado procedente das inscripcións entregarase á Asociación Española contra o Cancro. Como en edicións pasadas estableceuse que cada un dos participantes aporten cinco ou dez euros. Os menores de trece anos, que terán que ir acompañados dun adulto, non terán que pagar cota ningunha.
Así mesmo, o Concello de Neda conta coa axuda dos voluntarios da agrupación local de Protección Civil e coa colaboración da panadaría Santa Rita e do centro deportivo Zanshin Sport para a realización deste programa solidario. 
Excursión a Portugal 
Noutro orde de asuntos o consistorio nedense informa que xa está aberto o prazo para participar na viaxe a Portugal que están organizando para o vindeiro 19 de decembro.
As persoas interesadas en tomar parte nesta proposta lúdica  do consistorio local deberán anotarse nos Servizos Sociais, ubicados na planta baixa da Casa do Concello, en horario de mañá. Nesta ocasión a excursión levará aos participantes ata a localidade lusa de Fortaleza. O prezo da saída é de 10 euros para as personas da vila e de 12 para os que non residan na mesma.

Uns 1.100 participantes toman parte hoxe na andaina solidaria de Neda

Te puede interesar