A Deputación asina un acordo de axuda co premio Blanco Amor de novela

A Deputación asina un acordo de axuda co premio Blanco Amor de novela
XXXI PREMIO NOVELA BLANCO AMOR A JORGE LLORCA

A Deputación da Coruña vén de anunciar a súa adhesión ao Premio Blanco Amor de novela. Trátase dun certame de carácter intermunicipal que cada ano organiza un concello galego coa colaboración doutras localidades, e que nos dous últimos anos organizaron os municipios de Fene e Ferrol, respectivamente.
Trala renuncia de Ares por problemas de infraestrutura, este ano foi Redondela quen asumiu o reto de revitalizar este galardón que ten por obxectivo recoñecer a obra dun escritor en lingua galega. O seu alcalde, Javier Bas, solicitou unha contribución de mil euros á Deputación, que ademais de aceptar asumir este financiamento, comprometeuse a divulgar este certame entre os concellos da provincia para plantexarlles a posibilidade de que tamén eles colaboren neste intento de recuperar o prestixio dun premio que cumpre xa a súa XXXI edición.

cariño pola lingua
En representación da institución provincial, o deputado e alcalde de Outes, Carlos López Crespo, felicitouse polo “cariño pola nosa lingua” que se demostra con este tipo de accións. Tamén o director xeral de Administración Local, Alberto Pazos, valorou a “implicación” da Deputación non só pola súa contribución económica, senón tamén polo “cariño” que puxo desde o primeiro momento no impulso deste galardón.
O escritor Xosé Manuel Martínez Oca, gañador da terceira edición do premio, destacou o seu carácter intermunicipal como un dos valores máis salientables do certame: “Na unión de todos os concellos nun acto común é onde reside a importancia deste premio, e o interese agora retómase”, sinalou o autor.
O premio está dotado con 12.000 euros e o prazo de presentación de candidaturas, que se presentarán no Concello de Redondela, remata o próximo 1 de setembro.

A Deputación asina un acordo de axuda co premio Blanco Amor de novela

Te puede interesar