Artesanía, degustacións e música na IX Feira do Queixo do Eume e Mel de Goente

Artesanía, degustacións e música na IX Feira do Queixo do Eume e Mel de Goente
Feira do Mel de Goente

Cun marcado carácter gastronómico decorrerá a xornada deste domingo na parroquia pontesa de Goente. Alí, e durante todo o día, celebrarase a IX Feira do Queixo do Eume e Mel de Goente. Un amplo abano de actividades darán forma a un programa que comezará a partir das 10.00 horas, no campo da festa, coa apertura dos diferentes postos de mel dos integrantes e socios de Agaeume e tamén do queixo da Faeira.

Tampouco faltarán os stands de artesanía ou de produtos ecolóxicos, entre outros. Ao igual que o ano pasado, contarase tamén cunha exhibición de coches clásicos e reeditarase, para os máis pequenos, o obradoiro de elaboración de queixo desde as 11.00 horas.

O xantar popular, previsto para as dúas da tarde, volverá reunir un ano máis a numeroso público. O menú deste ano estará composto por churrasco, callos, queixo e mel –o custo será de 14 euros por comensal, agás os menores de dez anos que poderán asistir gratuitamente– e desenvolverase baixo unha carpa instalada pola organización.

Merendas

Á tarde servirase así mesmo merendas compostas por queixo, mel, requeixo, manteigadas e freixós, e incluso haberá unhas foodtrucks nas que degustar saborosos produtos da nosa terra.

A programación da xornada do domingo incluirá talleres infantís desde as 16.00 horas con xogos populares, clases de zumba ou obradoiros de pintacaras. Para ás 17.00 horas está previsto o espectáculo de maxia de David Méndez, abrindo media hora máis tarde as súas portas os “foodtrucks” nos que se ofrecerán hamburguesas, xeados de queixo e mel, entre outras propostas.

O taller de graffiti para nenos, fixado para as 18.00 horas, a entrega de premios do concurso de receitas e do certame de meles claras e escuras que terá lugar ás 19.00 e unha verbena popular a partir das 20.00 horas poñerán o colofón a unha festa gastronómica que, de seguro, reunirá a milleiros de persoas durante toda a xornada.

Artesanía, degustacións e música na IX Feira do Queixo do Eume e Mel de Goente

Te puede interesar