Os alumnos de 4º de Primaria e 2º de ESO afrontarán en maio a avaliación de diagnóstico

Os alumnos de 4º de Primaria e 2º de ESO afrontarán en maio a avaliación de diagnóstico
os alumnos terán que facer fronte a varias probas luis polo

Os alumnos de cuarto curso de Primaria e os de segundo de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) serán sometidos o vindeiro mes de maio –os días 23 e 24 e 28 e 29, respectivamente– á avaliación de diagnóstico. Trátase dunha proba á que os estudantes dos devanditos niveis educativos teñen que facer fronte desde hai catro anos como consecuencia da implantación da Lei Orgánica de Educación.

A normativa introduciu esta avalación como unha ferramanta para testar as competencias dos alumnos en materia lingüística, matemática e na relativa ao coñecemento e interacción co mundo físico.

A finalidade, tal e como se informou desde o departamento autonómico educativo nos últimos cursos, é contribuír á mellora da calidade na educación a través do coñecemento da situación do aprendizaxe dos estudantes nas consideradas competencias básicas, parámetros nos que desde a aplicación da LOE se ten que basar o proceso de ensino-aprendizaxe co obxectivo de que os estudantes aprendan para poder resolver os problemas que lles xurden no día a día.

As probas de diagnóstico terán lugar os mesmos días en todos os centros da comunidade galega. En todos eles constituirase unha comisión de coordinación da avaliación de diagnóstico formada polos seguintes membros.

 

conclusións

A cita non ten, tal e como se defendeu desde a Consellería de Educación en diferentes ocasións, un carácter competitivo, xa que nin os resultados dos alumnos nin tampouco os dos centros fanse públicos. O que si se dá a coñecer son os datos que forman parte do informe xeral elaborado a partir da valoración das probas, no que se recollen as conclusións relativas ás diferentes competencias obxecto da avaliación.

 

Os alumnos de 4º de Primaria e 2º de ESO afrontarán en maio a avaliación de diagnóstico

Te puede interesar