Concertos de Haydée Milanés e Radio Océano en La Room

Concertos de Haydée Milanés e Radio Océano en La Room
Haydée Milanés actúa o venres

Continúa a programación de gran calidade en La Room, que esta fin de semana abre as súas portas a dous interesantes concertos. A sala ferrolá acollerá o venres, ás 23.15 horas, a actuación de Haydée Milanés, filla do recoñecido músico cubano Pablo Milanés e “unha das intérpretes máis representativas da escena musical cubana actual”, salientan desde o establecemento. Logo de dez anos, regresa a España para presentar o seu máis recente traballo discográfico, “Amor Edición Deluxe”, en homenaxe á obra do seu pai. O público poderá gozar así dunha noite esencialmente cubana na que non faltarán o son, os boleros ou o jazz así como algúns dos éxitos dos seus anteriores discos. As entradas custan oito euros e poden adquirirse en ataquilla.com, na Room ou no Café Sevilla.

Sábado

Ao día seguinte colarase na Room un dos “grupos máis relevantes da historia da música en Galicia”, avanzan desde a sala. Trátase de Radio Océano, que marcaron unha época no chamado “movemento galego”. A cita será ás 23.30 horas e as entradas están á venda na sala e na Casa do Fumador. Os xornalistas Xosé Manuel Pereiro e Santiago Romero foman parte da banda xunto a Pablo Iglesias e Dani Punta. En maio do pasado ano lanzaron “Memorias do óxido”, un dobre vinilo e con versión en cedé.

Concertos de Haydée Milanés e Radio Océano en La Room

Te puede interesar