Os alicerces da elite

Os de San Sadurniño comezarán o traballo o próximo luns 3 de setembro | j. meis
|

Luns, 3 de setembro. Todo o voleibol galego estará moi pendente desa data. Xa que será ese día no que o Intasa San Sadurniño, o único equipo da comunidade que este exercicio vai militar na Superliga masculina, comece o seu traballo de pretempada.   
Será entón cando xa se atopen en San Sadurniño tanto os “vellos” coma os novos xogadores da formación local, unha gran familia á que se unirán o acerbaixano Dimitri Baranov –23 anos–, o malagueño Joselu Monterroso –21 anos e que lle fará “competencia” a Andrés Portero– e o oleirense Javi García –18 anos–. As últimas incorporacións ao equipo que, por segundo ano consecutivo, dirixirá Charly Suárez. Unhas chegadas que conforman, segundo o capitán Uxío García Lamas “un equipo competitivo. Especialmente ca fichaxe de Baranov, que ven dunha liga superior á española, de estar no primeiro nivel mundial, dunha liga potente como é a rusa. Creo que nos vai dar un moi bo rendemento”. 

Despedidas
Unhas novas pezas no quebracabezas dun Intasa que está a días de comezar a poñer as primeiras pedras para construir a sua escada ao olimpo do voleibol nacional. 
Estas uniránse a fichaxes xa anunciados coma o do francés Peralta e o “retornado” Fran Fernández, entre outros, “dous moi bo xogadores”, apunta García, para facer o exército local que loite contra os xigantes da Superliga masculina española. 
Porén, non estarán finalmente nesta guerra os dous brasileiros que, xunto cos seus compañeiros, lograron no pasado mes de abril o ascenso, Saulo Costa e Renato Mendes. O primeiro anunciou a súa retirada do voleibol profesional tras lograr co que foi o seu primeiro clube en Europa a plaza na elite española, cerrando así un exitoso círculo profesional. O segundo, se ben nun inicio ía continuar no equipo, finalmente por motivos económicos a entidade de San Sadurniño non vai poder contar con el. “Estou contento co equipo. Pero tamén un pouco defraudado por non poder ter a Renato, pero a economía non o permitiu, pero contento porque é un bloque bastante completo é moi equilibrado”, comentaba García. 
O mesmo motivo polo que non puido continuar con eles o arxentino Kevin Iurisevich. Unhas plazas, as de Mendes e Iurisevich polas que postularán Peralta e o murciano Fran Fernández e Flipi, Marcos Blanco, e o propio Uxío García, respectivamente. Todo un duelo, este último, entre dous dos canteiráns da entidade de San Sadurniño, que tratarán de convencer a Suárez co seu traballo. Blanco, que o ano pasado axudou ao equipo regresando desde o seu Eramus en Polonia, farao nesta ocasión entre San Sadurniño e Lugo, onde está a estudiar. “Marcos vai ser unha persoa moi importante neste clube, ou espero que sexa así. Todo depende del, de como afronte o proxecto”, engade García. 
En calquera caso, o que está asegurado, xogue quen xogue, será o espectáculo na pista do pabellón municipal de San Sadurniño. Un pobo que espera, ao igual que os seus xogadores, impaciente o debut dos seus na máxima categoría nacional. “Estou ansioso de disputar en San Sadurniño un partido de Superliga, e se dou chegado no nivel óptimo poder ser titular”, confesaba García a dúas semanas para comenzar a pretemporada. Non é o único que quere que o show comece canto antes. “Todo o mundo nos pregunta, todo o mundo está desexoso de que empecemos”, conta o capitán da formación, “creo que non só en San Sadurniño, tamén nos arredores, que teñen gañas de ver o mellor voleibol de España neste pobo”. 
Unha expectación pola que pódese esperar un cheo prácticamente durante toda a competición de liga –”eu espero que se encha sempre, a verdade, que nos vaian ben as cousas e que o público nos arroupe como é debido”–.

Socios
Arriscando polo seus soños de saír á elite aínda sen contar con todo o orzamento necesario –”estamos movéndonos e recibiremos cos brazos abertos a calquera que lle gustaría patrocinar ao San Sadurniño”–, unha pequena axuda, pero mais que necesaria, para sacar adiante o proxecto será unha campaña de socios que comezará o próximo día 25 de este mes, “coincidindo ca Feira Rural, e na que seguramente teñamos un stand. Este ano queremos aumentar a masa social, ademais de porque vaise cobrar por entrar nos partidos e suporá un aforro, tamén será unha axuda”. Un apoio que, non so agora, van necesitar neste soño que segue sendo un pouco de todos. l

Os alicerces da elite