Publicada a oferta nas diferentes modalidades nos centros de Ferrolterra

Ademais dos PCPI desenvolvidos  no marco do mencionado proxecto de colaboración entre centros educativos, institucións públicas e empresas, na comarca de Ferrolterra existe a posibilidade de  estudar Programas de Cualificación Profesional Inicial en outras modalidades e noutros centros educativos.
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de publicar a oferta para o vindeiro curso, na que figuran programas deste tipo en institutos como o IES Punta Candieira de Cedeira, CPI Virxe da Cela, IEs de Mugardos, IES As Telleiras, IES Terra de Trasancos, IES de Ortigueira, IES Breamo, IES Fraga do Eume, IES Moncho Valcarce de As Pontes e centros ferroláns como o CEE Terra de Ferrol, CIFP Ferrolterra, Ricardo Carballo Calero ou a Escola Náutico-Pesqueira.
Programas de intalacións electrotécnicas e de telecomunicacións, fabricación mecánica, mantemento de vehículos ou servizos administrativos, son algúns dos perfís que se poden estudar. Existen diferentes tipos de PCPI. Así, nos da modalidade A, todos os módulos do primeiro curso se imparten nun mesmo centro educativo, agás o de formación en centros de traballo; na modalidade B, os módulos profesionais ofrécense nun centro educativo e os de carácter xeral noutros; e finalmente, na C mixta, os contidos xerais impártense en centros educativos e os profesionais en empresas, corporación ou outro tipo de asociacións coas que se teña establecido un convenio.
O prazo de presentación de solicitudes abranguerá desde o 2 de setembro ata as 13.00 horas do día 11 do mesmo mes.

Publicada a oferta nas diferentes modalidades nos centros de Ferrolterra

Te puede interesar