A clase de 4º do CEIP Ponzos gaña un premio de curtas de animación na nosa lingua

A clase de 4º do CEIP Ponzos gaña un premio de curtas de animación na nosa lingua

A clase de 4º do CEIP de Ponzos resultou gañadora, na categoría de segundo ciclo de Educación Primaria, da quinta edición dos premios a curtas de animación en galego “Nós tamén creamos!”, convocado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
Os alumnos ferrolás crearon unha peza audiovisual a través da técnica stop-motion baseada no conto “A figueira de Pelostortos”, unha das narracións propostas pola organización para participar no certame. Guiados pola súa tutora, Elisa Pardo, e coa fundamental colaboración do profesor de Educación Física, Arturo Sánchez, os rapaces desenvolveron, ao longo dun mes, as diferentes fases do proceso de creación, desde a realización dos bonecos de plastilina que dan vida ao corto ata a vestimenta dos mesmos, a decoración do escenario ou a gravación dos voces e das imaxes. “Estamos moi contentos. O importante era participar, por facer algo novo e que os nenos comprobasen como se fan estas cousas e achegarse a estas técnicas”, comenta a profesora
O centro recibirá como premio un lote de libros OQOeditora, un agasallo da TVG e un diploma. As curtas poden verse no portal da Lingua Galega e no da TVG.

A clase de 4º do CEIP Ponzos gaña un premio de curtas de animación na nosa lingua

Te puede interesar