Arte figurativa e abstracta na nova proposta expositiva na sala da Autoridade Portuaria

Arte figurativa e abstracta na nova proposta expositiva na sala da Autoridade Portuaria
Sala de exposiciones del Puerto Inauguración de una exposición colectiva Hasta el 29 de agosto

A arte figurativa e abstracta danse a man na nova proposta expositiva inaugurada na sala da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao, no peirao de Curuxeiras. 

O devandito espazo abriu onte as súas portas a unha mostra que, baixo o título “De la figura a la abstracción II”, reúne un total de 37 obras de pintura, gravados e esculturas dun total de 28 creadores galegos. Alí poderá ser visitada ata o vindeiro 29 de agosto, en horario de luns a venres de 17.00 a 21.00 horas.

O presidente da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao, José Manuel Vilariño Anca, sinalaba nos días previos á inauguración que “es una representación plural del arte contemporáneo gallego, con una muestra significativa de las dos corrientes artísticas más importantes de la historia del arte universal y es una magnífica ocasión para conocer y disfrutar de esta variedad de representaciones”.

Comisario
O comisario da mostra, Pedro Taboada, afirmou pola súa banda que este conxunto de obras “indaga no contraste entre as dúas correntes artísticas máis representativas da historia da arte”.

Francisco Ascón, Eduardo Baamonde, Pedro Bueno, Rosa Elvira Caamaño, Jorge Cabezas, Manuel Carballeira, Emilio Celeiro, Jorge Espiral, Manuel Gandullo, Javier Garaizábal, Mario Granell, José Ramón Iglesias, Ángeles Jorreto, Omar Kessel, Siro López, Miguel Ángel Macía, José Luis Martínez, José Eduardo Martínez, Manuel Mampaso, María Luisa Rojo-Novais, Manuel Patinha, José Manuel Peña, Paco Pestana, Celestino Poza, Rafael Romero, Isabell Seidel, Alfonso Sucasas y Sergio Vázquez son os artistas presentes na mostra.

Arte figurativa e abstracta na nova proposta expositiva na sala da Autoridade Portuaria

Te puede interesar