A Fraga puxo fin á festa nas Pontes

A Fraga puxo fin á festa nas Pontes
A tradicional romaría, declarada de Interese Turístico Galego, foi secundada un ano máis por milleiros de persoas | daniel alexandre

A multitude volveu tomar a Fraga pontesa. A romaría coa que onte se puxo fin a unha semana de festa na vila congregou a milleiros de persoas arredor dunha cita declarada de Interese Turístico Galego e con máis de cen anos de vida.
Coa actividade litúrxica –a misa na honra de Santiago Apóstolo celebrada na capela do Carme– comezaban os actos dun programa aderezado durante todo o día pola música.
Primeiro foi a sesión vermú, convertida nun fervedoiro de xente e protagonizada pola orquestra Jerusalén, para continuar coa animación de varios grupos pola tarde e o concerto nocturno no que Celtas Cortos, prato forte do menú, subiron a un escenario polo que tamén pasaron Tálesien e Sintrom Ni Som.
A Festa da Fraga pechou así un ano máis unha intensa semana na vila de As Pontes iniciada coas festas do Carme, nas que tamén houbo moito ambiente. l

A Fraga puxo fin á festa nas Pontes

Te puede interesar