O Concello investirá máis de 100.000 euros este ano en obras nos colexios

Diario de Ferrol-2013-10-20-004-d24bbf0a
|

Máis de 100.000 euros. Esta é a cantidade que o Concello de Ferrol investirá durante todo 2013 en obras de mellora dos colexios públicos da cidade naval. Así o informou a concelleira de Educación, Susana Martínez Galdós, na comisión informativa da área de obras xa realizadas así como daquelas que aínda están pendentes de acometer ou en proceso de contratación.
Entre as desenvolvidas ata o de agora inclúese a ampliación do comedor en Educación Primaria e a renovación da fontanería en Infantil no CEIP San Xoán de Filgueira, no que a Administración local investiu un total de 48.696 euros. No colexio de Esteiro fixéronse traballos de acondicionamento do patio con céspede (9.317) mentres que no Almirante Juan de Lángara e Huarte destináronse 2.807,20 euros á substitución do tabique de vidro armado por ventanais. No CEIP Cruceiro de Canido colocáronse pasamáns, nunha obra cuxo montante ascendeu a 5.687 euros e no Isaac Peral achegáronse 859,10 euros para cambiar a rede de xogo do parque infantil.

saneamento
Así mesmo, entre os traballos realizados este ano figura tamén o acondicionamento do horto do Juan de Lángara; a reparación da cuberta do polideportivo do Cruceiro de Canido; o saneamento tanto no Juan de Lángara como no colexio A Laxe de Valón; e a reparación da cuberta do edificio de Infantil do San Xoán.
Martínez Galdós informou ademais que hai outras dúas obras en proceso de adxudicación. Trátase da colocación de dobre ventanal na planta alta da fachada sur do CEIP A Laxe, por un importe de licitación de 16.098,41 euros, así como a substitución da soleira do patio cuberto do San Xoán de Filgueira, por 16.670,82 euros. n

O Concello investirá máis de 100.000 euros este ano en obras nos colexios