Cedeira exaltará un ano máis o seu percebe nunha cita que incluirá venda de marisco da ría

Cedeira exaltará un ano máis o seu percebe nunha cita que incluirá venda de marisco da ría
Foto de arquivo dunha das pasadas edicións da festa do percebe

Cedeira renderá tributo un ano máis ao seu produto máis codiciado na XVIII Festa do Percebe prevista para esta fin de semana, nas xornadas do sábado e domingo. O programa, porén, comezou xa o luns coa primeira das actividades que servirán de preludio, entre as que se inclúen obradoiros para os máis pequenos así como visitas guidas –hoxe terá lugar, ás 10.30 horas, unha que permitirá aos participantes descubrir a Cedeira mariñeira e mañá, ás 11.00 horas, outra dedicada ao “día dun percebeiro”–.
O venres, ás 11.00 horas, haberá de novo talleres –de pintacaras e de pegatinas– para os máis pequenos na Casa do Pescador. Ese mesmo día, a partir das 17.00 horas, será a quenda para unha xornada de pesca infantil no porto pesqueiro –inscrición gratuíta media hora antes do comezo–.
Sábado
A festa gastronómica, que este ano incluirá como novidade a comercialización de produtos da ría na “Tenda da Lonxa” –un servizo que entrou en funcionamento no mes de xaneiro e que está localizado nas instalacións da rula–, dará comezo o sábado ás 11.30 horas.
A partir desa hora abrirán as súas portas os postos de venda do menú, que un ano máis ocuparán a explanada do porto pesqueiro. Haberá racións de polbo, empanada e de percebes. Tamén se desenvolverá unha xornada dedicada aos mariscadores e os produtos do mar no Museo Mares de Cedeira, a partir das 12.00 horas.
Pasarrúas, coa actuación da charanga Mekanika, e inchables a partir das 17.30 horas na praza de Area Longa completarán a xornada.
Durante a segunda xornada, repetirase practicamente a mesma programación, aínda que neste caso a actuación musical correrá a cargo da Banda Vila de Cedeira. Nas dúas xornadas, o horario da festa será entre as 11.30 e 19.00 horas.
A organización confía un ano máis na contratación do tren turístico para trasladar aos visitantes desde a vila á esplanada do porto.
O Concello de Cedeira, tal e como se informou, volve colaborar coa Confraría dePescadores na organización dun programa que tamén conta co respado da Xunta de Galicia, a través da Consellería do Mar, e da Unión Europea, da man do grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro A Mariña-Ortegal e do proxecto “O sentir mariñeiro”. l

Cedeira exaltará un ano máis o seu percebe nunha cita que incluirá venda de marisco da ría

Te puede interesar