XOSÉ CASTRO RATÓN

A porta do inferno

Velaí está aínda, medio século despois, ardendo sen parar como se dun facho olímpico se tratase.

Prognóstico de aninovo

Prognóstico é anuncio de algo que vai ocorrer ou de como vai ocorrer, baseándose en certos sinais.

Arqueoloxía da ignominia

Velaí, ignominia é palabra para sinalar esa cousa que avergonza ou humilla á sensibilidade democrática e humana; é o estado dos verdugos que perderon o respecto da historia pola súa conducta homicida ou, na honra das vítimas, a constatación da acción mala ou inxusta que se comete con alguén; e dicir, con moitos.

Dereito ao tempo propio

Non interesa o acordo, iso é a cuestión.A iniciativa de uso do tempo, concertada no foro barcelonés antes referido, promove unha declaración que asinan preto dun cento de organizacións mundiais activas na investigación e impulso de políticas do tempo, demandando a inclusión nos textos legais dun recoñecemento para que o “dereito ao tempo sexa un dereito da cidadanía”; e polo tanto se cumpra xa cos acordos europeos evitando a existencia de fusos horarios non aliñados cos reloxos biolóxicos e a descompensación horaria que se padece co actual sistema, co seu impacto negativo na saúde.

Transparencia climática

Un desafío ao poder político do que non se tira proveito algún en favor do medio rural, senón que suma mais risco de desertización.

Queima inversa

O sindicalismo nacionalista galego convoca para este domingo novas mobilizacións, en cidades e vilas do País, contra da estafa da luz, en prezos astronómicos desorbitados totalmente inxustos, e por unha tarifa propia, máis barata, en compensación dos costos por ocupación de terras, desfeita da natureza e do medio de vida de moita xente do ámbito rural, soportada nun territorio que aparte deses beneficios caídos do ceo que benefician ao oligopolio das empresas subministradoras da enerxía neste caso debe sumar o gravame do transporte a outros pagos que aquí non se precisa.O xesto visual e icónico do acto consiste en colectivamente prender fogo ás facturas emitidas polas compañías do sector nos últimos tempos, a xeito de metáfora de lume simbolizando o queime das eléctricas que, mentres acumulan beneficios multimillonarios, abocan á clase traballadora á pobreza enerxética.

Cortar o bacallau

Metáfora que permite facer pedagoxía para sinalar quen é o que ten verdadeiro poder condicionante, quen é o que manda ou toma as decisións nun lugar determinado.

Inmunidade quimérica

O sabio refraneiro popular asegura que non hai mal que cen anos dure, porén iso é moito tempo para os ritmos de vida actuais.

A laparada do cemiterio

A miña imaxinación veu unha fogueira en cada cemiterio, como outros tantos clamores de xustiza.

Impactos catastróficos

Porque, ao antedito, sumamos o feito de que case todos os glaciares do mundo están a derreterse a grande velocidade.

A fronteira do deserto

Adesertización é a degradación da terra nas zonas áridas ou noutros espazos que preceden este estado de deterioración do medio natural.

O taboleiro de xadrez climático

É urxente unha reacción máis contundente e acelerada de freo, á que debe sumarse a concienciación social e unha fundamental educación ecolóxica.