Vaise andanco

o pasado domingo andaba a procurar no google un aquel indefinido. Tecleei  vaise andando non sei por que. Na pantalla apareceron varias ligazóns. Cliquei na primeira, o blog dun portugués que se inicia no 2005 con un ” Hoje / 8 de junho. Chego finalmente á blogosfera”  e o 3 de xullo despídese con un sinxelo “ Vai-se andando.”  E a súa obra recolle dous poemas e dúas descricións da fermosa Sintra ( descoberta por min pola recomendación do poeta Eusebio Lorenzo Valeirón nos anos de Compostela). Remexo o café. Está morno. Bebo un grolo. E sorpréndome  lendo os seus versos : Com a minha mao esquerda fiz um furo en terra seca e pobre/ Com a minha mao esquerda atirei semente de cravos/...reguei, reguei,reguei/ Com a minha mao esquerda amparei a minha cabeça junto ao solo/ E fechei os olhos cansados e molhados de suor/ E alí fiquei...
Na cafetaria El Marqués o reloxo marca unha hora eterna  e o tren permanece inmóbil na estación. 
 

Vaise andanco

Te puede interesar