viernes 7/8/20

Il cirque de amore

s portas  da fin do curso escolar,  a CNLCA  pechou o  programa de teatro que veu desenvolvendo ao longo de maio e xuño. A directiva deume a oportunidade de dirixir unhas breves palabras, no seu nome,  aos pais, alumnos e profesores presentes no Jofre. Aproveitei para gozar da obra seleccionada : Il cirque de amore. Sorprendeume o arriscado da súa proposta  tendo en conta que vai dirixida, en principio, a un público infantil. Porén, comprobei como máis de 400 rapaces seguiron con atención todo o que acontecía no escenario . E Puccini, Rossini, Mozart e Donizetti, sorriron canda eles. 
Os aplausos, finalmente, premiaron a interpretación  do actor, guionista e director de escena ,Pepablo Patinho, do tenor Miguel Abalo,da directora musical e soprano, Vicky Álvarez ,do pianista Vicente Castro; dos técnicos,  Ana Díaz e Alberto Beade e da responsable da escenografía  Spela Trobec. E a Micaela (todas) será  feliz.

Comentarios