E todo tornará

todo tornará en poucos días á normalidade. Non retire os seus ollos desta  pequena xanela que non procuramos amolarlle o café.  Só pretendemos lembrarlle que nuns días deberemos  solucionar o problema dos libros de texto dos fillos, encontrármonos nas miradas dos que xa esquecéramos, pór o espertador e andarmos por esas rúas tantas veces andadas cara o traballo... 
E mirarmos  de fronte á nova recesión que asoma no horizonte... Porén, non se ocupe, aínda poderemos  troulear o 30 e 31 como se a cousa non tiver fin . E mergullármonos na arte das Meninas de Canido para, finalmente, após as festas da Parrocheira,  aterrármonos na monotonía do día a día.
Despois... despois... teremos de nos sentar a falar do desemprego, da reforma laboral, das pensións, dos xornais, da emigración, da soidade na que morren (remos) os vellos, da recesión ... e da irrelevancia  da Galiza no actual contexto político.

E todo tornará

Te puede interesar