Liturxias

O pasado 14 de abril Esquerda Unida Ferrol colgou unha bandeira republicana do seu balcón da oficina no Concello. O alcalde ameazou dende os medios de comunicación e algúns acusáronnos de mirar constantemente ao pasado. Non coñezo a motivación de todos os meus compañeiros pero eu dende logo sempre penso no presente e no futuro. O que me chamou profundamente a atención é que esas indicacións viñan en boa medida dende persoas que ese mesmo día se colocaban o peite ou o caparucho e participaban nese alarde de modernidade que é a Semana Santa. Eu non comparto as festas que acabamos de vivir, a súa imposición polos espazos públicos ocupados convértenas dalgún xeito nunha sutil e íntima agresión aos meus posicionamentos persoais. Dito isto teño ollos e a suficiente tolerancia para entender o seu grande arraigamento en boa parte da cidadanía. Existe unha gran brecha na nosa sociedade mesmo nas súas liturxias.

 

Liturxias

Te puede interesar