Mobilización exemplar na Mariña lucense

ERE presentando por Alcoa abrangue a 534 persoas da plantilla de fábrica de Aluminio, mais da metade do total, e ademais atinxe a 20 empresas externas e uns 450 traballadores e traballadoras. Manteríase en funcionamento a parte do complexo que transforma a bauxita en alumina, que se adica á obtención de aluminio. Hai que ter en consideración que esta factoría de aluminio primario da Mariña é a única deste tipo en todo o Estado español, polo tanto ten un carácter estratéxico. Tampouco se debe esquecer que a tarifa eléctrica especifica para as empresas electrointensivas xoga un papel básico neste sector.   
Despois de múltiples mobilizacións masivas durante meses dos traballadores/as de Alcoa e das empresas auxiliares, que contou co apoio da poboación da Mariña, a dirección aceptou  negociar a venda. A proposta foi feita polo Goberno central, Xunta de Galiza e centrais sindicais (CIG, CCOO e UGT), e aprobada polo persoal da empresa, consiste en conxelar até o 28 de setembro o ERE e manter  en funcionamento as cubas. A paralización destas últimas complicaría que a fábrica volvese á plena actividade, tal como sucedeu cando se apagaron como medida de forza por mor do desastre do Casón. Estimase que o prazo sería abondo para que se realice a negociación e concrete a venda da factoría de Aluminio primario a CFG (Liberty House). 
Agora cabe esperar que este sexa o obxectivo da dirección da multinacional estadounidense Alcoa, e que non se trate só dunha escenificación, para terminar poñendo novas pedras no camiño,  e gastar o tempo para xustificar o peche e reducir ao mínimo o deterioro da imaxe. Lembremos que até hai uns días Alcoa negábase a alongar o período de consulta do ERE, e quería cesar axiña a actividade na factoría de aluminio. Daquela xa se coñecía o interese da británica Liberty House Group, xa que a través de Alvance, a súa división de aluminio, dirixiuse a Alcoa expresando a sua vontade de chegar a un acordo para mercar a factoría, mantendo o cadro de persoal e as condicións laborais.  
Sendo a demora no ERE e a abertura de negociacións con Liberty House un avance importante, consecuencia da mobilización e complicidade social, todo indica, tal como sabe o movemento obreiro por experiencia, que a presión debérase manter mentres a venda non se confirme. Sería bo para todos e todas, para Galiza enteira, que a venda se materializase, mantendo activa unha empresa que ten un peso tan grande no PIB e no emprego directo e indirecto. E, sempre está a opción da nacionalización. 

Mobilización exemplar na Mariña lucense

Te puede interesar