Precariedade

O actual panorama laboral é dunha gran fragmentación, onde prima a relación individualizada para así garantir a desprotección e despersonalización da e do traballador. Estanse a usar diversos mecanismos como a avaliación individualizada da produtividade, que normalmente básase en criterios cuantitativos e nas características da e do traballador. Isto supón estar exposto a unha gran subxectividade sumado a un sistema arbitrario de obxectivos, cando ademais non veñen acompañados dos medios nin dos tempos necesarios Estamos nunha concepción da seguridade no emprego que se basa só na empleabilidade, que carga a responsabilidade sobre as e os propios traballadores, dende os fracasos ata o desenvolvemento da súa saúde. O exemplo máis claro é cando dende a propia Seguridade Social, que asume este modelo laboral, ou das propias empresas informan dos custes das baixas laborais. Todo sexa pola despersonalización, todo sexa en favor do capital.
 

Precariedade

Te puede interesar