viernes 19.07.2019

Paquí Pallá

a verdade que, cada día que pasa, o asombro é maior ante as noticias que teñen como protagonista ao PP. Dálles igual que haxa sentenzas xudiciais firmes, que a maioría dos ministros de Aznar estean procesados ou que a Garda Civil informe dunha empresa pantalla chamada “Paquí Pallá S.L.” vinculada ao financiamento irregular das campañas de Aguirre. O seu é tirar para diante, pasar de todo e esixir aos demais que calen a boca e escondan a realidade. 
E isto chega tamén aos nosos concellos. Así, sen pudor, Diego Calvo pretende normalizar posibles pactos cos que odian a democracia e ás mulleres. 
Así, sen pudor, o alcalde dependente do PP de Miño pretende non falar dos quince millóns de euros das débedas do pelotazo do ladrillo, que lastran as finanzas municipais. Si, na ignorancia está a felicidade (do incauto). Pero, como di o voceiro socialista Manuel Faraldo, Miño é futuro, pero un futuro sen PP.

Paquí Pallá
Comentarios