miércoles 5/8/20

Os bancos de Artmas

urante anos tivemos, na praza de Armas, aquela extravagancia que ameazaba derrubarse e que, ao mesmo tempo, era o teito do aparcadoiro. O curioso é que houbo un tempo en que pasaba por unha suposta modernidade. O certo foi que en 1951 sacaron o obelisco de Churruca, que marcaba a altura máxima de construción urbanística en Ferrol, para así dar franco de ría ao feísmo e á especulación en toda a cidade.
Houbo un grupo de presión local que logrou condicionar á maioría dos alcaldes, elixidos na etapa da restauración democrática; eles tutelaron a política municipal no acontecer da praza e da Magdalena, durante décadas. Recentemente, houbo quen quería apropiarse dela como buque insignia da súa xestión municipal. Pero, resulta que os bancos non cumpren a normativa oficial. Así que serán reformados e sumaranse un maior número de bancos axeitados á mobilidade e a unha praza histórica que é de todas e de todos.

Comentarios