viernes 25/9/20

O acordo da FEMP

dereita, sen pudor, sumou aos independentistas de Torra na votación da Federación Española de Municipios, obrigando a Caballero a exercer o voto de calidade. O acordo co goberno –que será levado ao Congreso para debate e melloras– deixa en coiros ao PP e “libera” a concellos e deputacións da tan invasiva “Lei Montoro”.  Como resume: queda en suspenso a regra de gasto, haberá cinco mil millóns de euros para axenda urbana e mobilidade sostible, cuidados e cultura. Así como outros catrocentos para transporte e participación nos fondos europeos conseguidos por Pedro Sánchez.
Había quen cría que tras a pandemia do Covid-19 e a achega extraordinaria dos concellos ían poder afondar nun modelo municipalista clientelista e subalterno. En Ferrol, a dereita local fai seguidismo de Casado e Abascal no “atraco” reaccionario. Iso si, deixa ao resto da oposición municipal na obriga de elixir acompañante.

Comentarios