Foro amigo

ste inicio do curso político non está resultando todo o que del podía esperar, o líder da dereita ferrolá José Manuel Rey, cando en principio tiña a vantaxe dos desencontros de FeC e do BNG co grupo socialista, que provocaron un goberno en solitario encabezado por Ángel Mato.
A recente visita da señora Conselleira da Vivenda a Ferrol Vello, Ángeles Vázquez, contou unicamente co edil popular, pero “esqueceron” convocar ao resto da Corporación e máis ao alcalde, impedindo así o diálogo e colaboración da que sempre presumen que ten que haber entre as diversas administracións.
Pero, si isto non abondaba a Consellería de Educación acaba de poñer en pé de guerra aos pais e nais do Cruceiro de Canido, coa demora dunhas obras da súa competencia. Non desculparse e pretender evadir as súas responsabilidades non deixa de ser outro erro máis.
En fin, o peor non son os adversarios políticos, senón o fogo amigo.

Foro amigo

Te puede interesar