Auga no camiño

As veces son as pequenas iniciativas as que logran un grande interese, como a construción de fontes de auga para que a xente, paisanos e peregrinos, poidan abastecerse de auga. Así hai que saudar a decisión da Deputación coruñesa que vai construír vinte e catro fontes, máis o menos cada seis quilómetros, para que cada quen poida ter a oportunidade de beber auga fresca, seguindo a traza do noso Camiño Inglés.
Esta iniciativa que vai a combater o uso indiscriminado dos plásticos, tamén vai darlle un pulo e revalorizar este itinerario cultural europeo que parte de Ferrol, e que ademais é o único camiño de Santiago que atinxe só á nosa provincia. Son a suma de pequenas iniciativas as que van configurando o éxito, sobre todo na promoción de aqueles proxectos compartidos, que para algúns será relixioso, para moitos cultural e para outros moitos un investimento económico e turístico que á cidade vaille ben.

Auga no camiño

Te puede interesar