domingo 22.09.2019

As Meninas de Edu Hermida

duardo Hermida non é unha persoa que deixe indiferente a ninguén. E si, Edu é por riba de todo un ser humano, que coma nós terá virtudes e defectos. Pero, para sorte nosa, destacan nel as súas afoutezas. Esto último fai que hoxe sexa o principal promotor, dinamizador, embaixador, ou como queiran chamalo, de Ferrol. Este polifacético artista puxo a esta cidade no centro do mundo.
Aí están os recoñecementos nacionais e internacionais ás Meninas, que serán de Velázquez, de Canido, pero por enriba de todo son de Edu Hermida. Igual, quizais, o maior recoñecemento é esa marea de persoas, de ducias de miles, e que pasaron este fin de semana polo barrio. 
Hai que darlle as grazas a Edu Hermida, a súa ousadía e que sempre está inventando e reinventando, ao seu incuestionable compromiso con Canido e con Ferrol. Pero, para cando o recoñecemento oficial desta cidade para, por mérito propio, co seu “fillo predilecto”?

As Meninas de Edu Hermida
Comentarios