Superioridade

Hai quen está por riba do ben e do mal, ou máis ben hai quen decide que está ben e que está mal. 
Son aqueles que deciden cando non poder votar é ditadura ou non, que censuran aos musulmáns por fanáticos cun crucifixo colgado da parede ou que pechan fronteiras mentres falan dun mundo sen nacións. E fano sen remorsos.

Hai 20 anos que a UE blindou as súas fronteiras e que lle encargou o traballo sucio ao Estado español do que é testemuña o cerco de malla, coitelas e arame de Ceuta e Melilla.

Por iso para ningún xornal francés ou alemán a situación dos migrantes do Open Arms nin a indolencia do goberno italiano é noticia de primeira páxina: É un problema español ou como moito entre España e Italia. Mesmo en Italia, no delirio da arrogancia o enfoque xira ao redor da súa precampaña electoral e prefiren as palabras de Richard Gere criticando a Salvini, que nada faría sen a permisividade do resto do goberno italiano antes que poñer en primeiro plano aos protagonistas cunha entrevista sen intermediarios que lles tire a careta e demostre que o que acontece nada ten que ver cos nosos humanitarios e superiores valores occidentais senón que é pura e simple hipocrisía.

Superioridade

Te puede interesar