viernes 20.09.2019

Este morto está moi vivo

As últimas declaracións do Alcalde respecto da tumba de Franco

As últimas declaracións do Alcalde respecto da tumba de Franco eran inevitables pese ao carácter edulcorado do actual goberno local que ten tragado xa con todo ao longo destes tres anos. Desde a entrega dos servizos básicos ás mesmas empresas que os levan xestionando anos, pasando polas “doazóns” económicas aos mesmos de sempre até chegar á renuncia a principios ideolóxicos básicos como este.
O certo é que Ferrol xamais toleraría que os restos de Franco puidesen rematar nun cemiterio municipal e o goberno local non tiña outra saída que postularse en contra desta posibilidade por moito que o “Alcalde de turno” pretenda a súa adaptación ao sistema por vía de urxencia e se declare manifestamente marxista: “estes son os meus principios e senón lle gustan teño outros”.
O curioso é ver como aqueles aos que “ninguén lles vai dar leccións” practican o funambulismo político afirmando a necesidade de rematar con mausoleos feixistas en Madrid con contundencia mentres que aquí apenas o balbucean. E como ten que ser o nacionalismo quen se enfronte aos seus demos para ver como de novo a posición do BNG arrastra tanto a FeC como ao PSOE, neste caso a oporse claramente á posibilidade de Aque os restos do ditador rematen na cidade. 

Este morto está moi vivo
Comentarios