Decálogo da gabeira

1. Declárome galego. 2. Son politicamente dependente dos intereses de Galiza sobre todas as cousas. 3. Non colaborarei na estratexia do Estado para facer desaparecer o nacionalismo. 4. Non tomarei o nome de nacionalista en vano. 5. Non codiciarei os resultados electorais alleos. 6. Honrarei aos meus compañeiros e compañeiras. 7. Non darei falso testemuño sobre a realidade do País e as súas solucións nin dos acordos adoptados polo colectivo do que formo parte. 8. Asumirei a responsabilidade das decisións adoptadas polo colectivo pero sobre todo das inducidas por min cando tivera cargos de responsabilidade institucional ou fose dirixente dunha organización. 9. Asumirei que o futuro é a rexeneración e por iso despois de desenvolver cargos orgánicos e institucionais durante anos o meu protagonismo debe pasar a un segundo plano.10. Renunciarei á miña ambición política persoal polos intereses do colectivo

Decálogo da gabeira

Te puede interesar