Banksy evridei

B anksy e o Che teñen unha cousa en común: De ambos se fan camisolas. A diferenza é que un cobra por elas e ao outro matárono antes de poder recibir royaltys. O mesmo Banksy, describe como o sistema acolle aos propios artistas e os converte en obxecto de desexo, aínda que as súas obras sexan duras críticas. 
E se algunha empresa pagase suficiente diñeiro para que decidise facer unha incursión ferrolá é probable que retratase ao actual goberno en comandilla co PP. E o goberno non dubidaría en colocar un vinilo que protexese a obra.
Porque en Ferrol desfrutamos dun Banksy evridei, cun goberno local entregado aos poderes fácticos sexan do tipo que sexan mentres se seguen autodenominando activistas, comunistas, feministas, e non sei cantos -istas máis que o stablishment enguliu até convertelos nunha marioneta parlante cada vez máis ridícula. A diferenza é que coma o Che, en Ferrol non recibiremos un euro por este happenning de 4 anos de goberno e Banksy cobra millóns de euros de transnacionais por poñer a parir o capitalismo, e que lle aproveite!
 

Banksy evridei

Te puede interesar