O estropicio do edificio do Hospicio

Ferrol dispón dunha serie de edificios e instalacións, abandonados ou practicamente sen uso, ben propiedade do Goberno e da Xunta de Galicia, ben do propio Concello. No conxunto inclúense as instalación da FIMO; a Residencia de Suboficiais de Canido; o edificio de Facenda da rúa Magdalena; a Cámara de Comercio a sede da Compañía Telefónica da rúa María; os edificios da Aduana e da antiga Comandancia Naval en Curuxeiras; a Casa do Mar na Estrada Alta do Porto; e así unha lista interminable. 

Caso especial é o edificio do antigo Hospicio Municipal, nacido o ano 1790 como Mesón de Valentín, unha ampla vivenda neoclásica ocupando un solar de 500 m2. Tratábase dunha construción composta de baixo, dúas plantas e bufarda, dotada dun patio interior, rematando soamente a fachada norte da rúa do Sol. O ano 1860 a parte del edificio que daba á praza de Amboage foi ocupado pola sociedade La Tertulia de la Confianza, xermolo do futuro Casino Ferrolano. 

O ano 1875 el Concello de Ferrol mercou o edificio, destinándoo a Hospicio Municipal, unha función que viña a exercer o antigo Hospital de Caridad, rehabilitando o mesmo e construíndo o arquitecto Manuel de la Riva o pavillón de nenos que daba á rúa María. O ano 1904, despois dun importante incendio, foi sometido a unha ampla reforma que levou ao edificio actual. 

O ano 1908 o edificio acolleu o colexio Santa Teresa, que funcionou ata o ano 1980. Ata a súa recente rehabilitación, albergou, entre outros, un Museo de Historia Natural, unha Escola de Danza e os pasos e imaxes da Confraría de Dolores. Con fondos do Plan Urban rehabilitouse a fachada da rúa do Sol e a parte central entre os anos 2011 e 2014, cunha inversión superior ao millón de euros. Como resultado, nos case mil metros cadrados de superficie útil do edificio, disponse de varios espazos, escasamente utilizados.

No piso baixo acondicionouse un amplo salón de actos para máis de cen persoas, o piso primeiro dispón de tres espazos independentes e segundo consiste nunha zona diáfana preparada para biblioteca, mentres que o altiño ou bufarda se concibiuse como arquivo. No patio interior un ascensor, moitas veces fora de uso, dalgún xeito rompe a estética da contorna. 

No seu día destinouse a bufarda do terceiro piso para arquivo do Centro de Documentación do Patrimonio, utilizado polos investigadores de Ferrol da Ilustración. Mal xestionado pola organización Cofer, o Centro deixou pronto de funcionar. Tratábase dun lugar de difícil acceso para a consulta dunha importante documentación histórica, que ademais non cumpría as normas de seguridade esixidas para a súa custodia. Hoxe descoñécese onde se atopan os máis de 3.000 importantes rexistros de planos e documentos que alí se almacenaban, relativos a Ferrol e a petición de Patrimonio Mundial. 

Foron varios os intentos de utilización do edificio: Centro Cívico, Casa da Xuventude, sede de asociacións culturais e veciñais. O certo é que, como exemplo da evidente desorganización municipal, o edificio atópase normalmente pechado, con escaso persoal para a súa atención e sen unha clara visión dos seus pretendidos usos. Ante as próximas eleccións municipais semella o momento de pensar nunha rehabilitación histórica da parte sur, cara á praza de Amboage, para poder instalar ese Museo do que carece a cidade, amosando en primeiro lugar a notable colección municipal de pintura.

Unha necesaria opinión de actualidade do Foro de Amigos de Ferrol. Un cidadán ferrolán, caracterizado estes últimos años polo seu incesante traballo a prol da cidade, como é Luis Taboada, atópase con constantes atrancos nas súas continuas iniciativas.

Mentres tanto, o Concello de Ferrol acaba de premiar o pasado día de San Xulián a varios anódinos personaxes que as penas fixeron cousa algunha polo progreso da nosa urbe.

O estropicio do edificio do Hospicio

Te puede interesar