A oboísta Iria Folgado estrea "na casa" a xira que segue pola Ribeira Sacra e Cádiz

No Pazo da Marquesa de San Sadurniño integrouse nun quinteto que desborda talento emerxente
A oboísta Iria Folgado estrea "na casa" a xira que segue pola Ribeira Sacra e Cádiz
"Ecos de Breogán" inclúe unha peza do compositor Fernando Buide del Real arranxada especialmente para Folgado | DAVID LANDROVE

O Pazo da Marquesa de San Sadurniño foi este venres, Día da Patria, o escenario dun quinteto de cámara que presentou o disco da oboísta local Iria Folgado, “Ecos de Breogán”, iniciando a xira que este mesmo sábado a levará ao mosteiro Divino Salvador, na Ribeira Sacra, e ao Espazo de Cultura Contemporánea, en Cádiz.

 

O repertorio, baseado no folclore celta, interpretouno integrada nun equipo que desborda talento emerxente. Este componse de, en primeiro lugar, as violinistas Patricia Cordero, bolseira da Fundación Villa Musica (Alemaña) e membro da Academia da Orquestra Sinfónica da Radio de Baviera, e Sara Areal, instrumentista da Orquestra Sinfónica de Galicia que se formou en Viena, Lausana e Madrid.

 

A violista Marta Rodríguez Otero, integrante do Cuarteto Daphnis que estudou no Mozarteum de Salzburgo, completa ao equipo xunto ao violonchelista Artei Theotonio, alumno da Hochschule für Musik Detmold e un dos músicos da Xove Orquestra Nacional de Españ

A oboísta Iria Folgado estrea "na casa" a xira que segue pola Ribeira Sacra e Cádiz

Te puede interesar