Os Maios de Pontedeume inclúen varias actuacións antes da entrega de premios

Disponse un incentivo de 50 euros para fomentar a participación
Os Maios de Pontedeume inclúen varias actuacións antes da entrega de premios
Imaxe dos Maios en Pontedeume o ano pasado | JORGE MEIS

A tradicional festa dos Maios de Pontedeume dará comezo este sábado, ás 17.30 horas, coa concentración nos Xardíns de Lombardero, que dará paso ao inicio do pasarrúas, a partir das 18.00. Calcúlase que este desfile remate arredor das 18.30 horas na Alameda de Raxoi, onde empezarán a soar as melodías dos gaiteiros.

 

Aqueles que se acheguen a visitar a exposición dos maios poderán aproveitar para escoitar a lectura das coplas, ás 18.45, e posteriormente o concerto do grupo Orballo, dende as 19.15 horas. Ás 20.15 terá lugar a entrega dos premios, que se dividen en dúas categorías por tamaño: os maios grandes levarán galardóns entre os 150 e 250 euros, mentres que os pequenos irán de 100 a 200 euros. A mellor copla recibirá 150 euros e por participar nos maios haberá un incentivo de 50 euros.

Os Maios de Pontedeume inclúen varias actuacións antes da entrega de premios

Te puede interesar